jueves, 11 de diciembre de 2014

Ciencia que conta "Aquí de día, alá de noite?"

Ola a todos. Aquí deixovós o meu traballo de ciencia que conta que consistía en engadirlle hiperenlaces a un relato do concurso do ano pasado. Para facer esta tarea collín un relato titulado "Aquí de día, alá de noite?". Pareceume sencillo e rápido de facer, espero que os guste. Un saúdo.

                                         Aquí de día, alá de noite?
       Marta Rama Ferreira
       IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela)
Un sábado, deica a unha da tarde, Xabier estaba xogando cos amigos
ao fútbol cando de súpeto se lembrou dunha cousa moi importante: hoxe
era o aniversario do seu querido curmán Miguel, que tiña 8 anos coma
el, e vivía coa súa familia en California. Marchou correndo ata a súa
casa para chamalo canto antes.
Á súa nai pareceulle moi estraño que estivese na casa tan cedo, pero
non lle deu importancia. Despois decatouse de que Xabier estaba a andar
co teléfono e díxolle:
—Que fas? Deixa o teléfono no seu sitio, anda.
—Quería chamar a Miguel, que está de aniversario, e se o deixo para
máis tarde vaime esquecer! –respondeulle Xabier.
—Como vas felicitalo agora? Ti non te decatas, meu fillo, de que alá
en California son as catro da madrugada e a xente está durmindo? –reprendeuno
a nai.
O rapaz tardou en responder, pois aínda estaba asimilando esa información.
Como que naquel lugar a xente aínda durmía? Na súa casa a luz Secundaria 51
do sol entraba en torrente pola ventá, o reloxo da cociña marcaba a unha
da tarde e a xente toda andaba esperta e ocupada nas súas tarefas matutinas
(agás, claro está, os máis durmiñóns). Non o entendía, así que nun
principio pensou que os californianos serían coma os mouchos, que durmían
de día e iso non casaba moito coa descrición do seu curmán Miguel.
Logo preguntoulle á súa nai e esta díxolle:
—Verás, meu rei, en California hai nove horas menos que aquí. Agora
vai xogar un pouco, que teño que atender a comida.
Esta explicación non lle serviu moito a Xabier, que pensou: «Se aquí
é a unha da tarde e alá son as catro da madrugada, xa sei eu que hai nove
horas de diferenza, que non son parvo. O que eu quero saber é por que
hai esas nove horas de diferenza!».
Máis tarde decidiu buscar en internet, que dicía algo duns meridianos,
dos movementos de rotación da Terra… Pero iso tampouco era moi
comprensible para Xabier.
Entón, o luns, na clase de Ciencias, o rapaz comentoulle á súa profesora
o tema que o tivera ocupado toda a fin de semana. A mestra, Tareixa,
demostroullo dun xeito moi divertido: primeiro puxo unha cadeira no
medio da clase, e a todos os nenos xirando arredor dela, como se fosen
planetas; isto era o movemento de translación, o que Xabier xa entendía
perfectamente porque era un alumno dos maiores de cuarto curso. Despois,
ao mesmo tempo que todos xiraban arredor da cadeira, xiraban tamén
sobre si mesmos: isto era o chamado movemento de rotación da Terra;
entón, mentres os ollos dos nenos, que representaban a España, vían
o moble do medio da clase, a súa caluga quedaba no lado oposto; polo
que se a súa caluga fose California, non recibiría a luz do sol nese momento
e por iso sería de noite.
Deste xeito Xabier comprendeu por que en California, onde vive o seu
querido curmán Miguel, hai nove horas menos que en España.

lunes, 8 de diciembre de 2014

Curta polo bo trato-25N

Para facer este traballo utilicei  unha aplicación para o movil chamada imovie que é moi fácil de usar e a min gustame moito; as imaxes empregadas están sacadas de Google Images e de We Heart It. Despois de facelo e de gardalo no móvil o subín a Youtube. Espero que vos guste: